Catro anos máis con García Pedrosa en CC OO
Por Redacción
O actual secretario comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra, José Luis García Pedrosa, seguirá ocupando o cargo durante catro anos máis.
García Pedrosa presentou a súa candidatura no Congreso Comarcal de CC OO que se celebrará o venres 9 de novembro no Pazo Provincial de Pontevedra. Aínda que a votación se realizará nese acto, sairá elixido seguro, ao ser o único en optar ao cargo.
O propio sindicalista explicou que o tempo máximo para ocupar ese cargo en CC OO é de 12 anos, de modo que esta será o seu último mandato. Xa leva oito anos como secretario comarcal.
No Congreso comarcal elixirase tamén a nova Comisión Executiva e aos delegados de Pontevedra para o Congreso de CC OO Galicia que se celebrará o próximo mes de xaneiro.