O segundo premio da Lotaría do Neno belisca Cambados e Ribadumia
Por Redacción
A sorte acompañou a Galicia co sorteo da Lotaría do Neno o na xornada deste luns 6 de xaneiro. O primeiro premio que recaeu no número 76254, premiado con 200.000 euros o décimo, foi vendido integramente en Monforte de Lemos (Lugo). Desta forma, os afortunados repartiranse 80 millóns de euros, aos que hai que engadir o premio especial ao décimo de 40 millóns.
Pero a fortuna tamén quixo ter protagonismo na bisbarra do Salnés. En Cambados repartiuse un décimo do segundo premio no establecemento Reboredo. Trátase do número 69362, que tamén foi consignado no concello de Ribadumia. A cada décimo correspóndenlle 75.000 euros.