Arrancan de xeito "oficial" as rebaixas de inverno
Por Oskar Viéitez
Este martes 7 de xaneiro arranca o período oficial das rebaixas de inverno de 2014.
Os establecementos do Grupo Inditex e El Corte Inglés seguen esperando ata esta xornada tradicional para empezar cos descontos, polo que o festivo foi aproveitado para facer o cambio nos escaparates.
Non obstante, a gran maioría optou por anticiparse aos "grandes" co propósito de favorecer as compras dirixidas ao día de Reyes, unha opción que é posible dende que o Goberno central liberalizou o período de rebaixas.
Segundo o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, o ambiente entre os comerciantes é de "moderado optimismo por el final de la recesión".
De modo que dende esta Federación confían neste cambio de tendencia no nivel de compras e anhelan unha leve recuperación.
Así prevén aumentar a facturación entre o 1 e o 2% de media, o que é valorado positivamente "puesto que llevábamos casi 40 meses facturando a la baja y estos dos últimos meses se rompió esa serie con incrementos suaves", resalta o responsable da Federación de comercios galegos.