Desconvocada a folga de médicos despois nove días de protestas
Por Redacción
A atención sanitaria na comarca e en toda Galicia recuperará este xoves 20 de abril a normalidade tras desconvocarse a folga de médicos que se desenvolveu nos últimos días, desde o pasado 11 de abril.
A protesta, que provocou a cancelación de multitude de consultas e operacións non urxentes, foi desconvocada a última hora do mércores tras o acordo alcanzado entre o sindicato convocante, a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM), e o Servizo Galego de Saúde (Sergas).
"Despois dunha ardua negociación conseguimos chegar a un acordo co Sergas", explicaba o secretario xeral de CESM Galicia, Enrique Marra-López, tras un encontro de máis de seis horas que se deu por concluído ás 23.40 horas da noite e no que participou o por parte do goberno autonómico o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña .
"Os acordos foron positivos. Son amplos porque recollen ata oito puntos", sinalou o representante sindical.
En concreto o pacto co Sergas establece un incremento no prezo das gardas médicas, diferenciando as laborais das prestadas os domingos e festivos, así como nos casos que se realicen 5 gardas ou máis ao mes. Explica o CESM que o importe das gardas en día laborable de presenza física será a partir do 1 de xullo de 27 euros/hora, e,a partir do 1 de xaneiro de 2024 de 28 euros/hora. Pola súa banda o prezo das gardas de presenza física domingos e festivos será de 30 euros/hora. Ademais os MIR verán incrementado tamén o prezo de garda na mesma proporción.
Para as gardas localizadas en días laborables o prezo será de 14 euros/hora e de 15 euros os sábados, domingos e festivos. Por último, o prezo das gardas de presenza física cando sexan 5 ou máis ao mes será de 37 euros a hora.
Entre outros aspectos acordados destaca a negociación dun novo modelo de exención de gardas de presenza física aos facultativos especialistas de área con máis de 55 anos. Neste sentido o prezo estimado é de 84 euros/hora por cada módulo de 4 horas, cun máximo de 3 módulos de media mensual.
Ademais para retribuír a mañá dos sábados establecerase un módulo equivalente ao de 7 horas de garda.
Relacionadas:
-
Concentracións en defensa dunha Atención Primaria de calidade
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
CESM Galicia sitúa nun 38% a participación na folga na área sanitaria durante a segunda xornada
Por Redacción |
-
Pouca incidencia nas consultas durante a xornada de folga médica
Por Alba Feijoo Alonso | Creada e actualizada
-
CESM Galicia solicita o apoio dos profesionais do Sergas na vindeira folga indefinida do 11-A
Por Rosalía Rico Otero |
-
Folga indefinida dos médicos a partir do 11 de abril para demandar melloras no "moi precario" sistema de saúde
Por Natalia Puga |