CESM Galicia solicita o apoio dos profesionais do Sergas na vindeira folga indefinida do 11-A
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) de Galicia solicita a todos os facultativos e MIR do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que secunden a folga convocada o próximo 11 de abril a partir das 00:00 horas.
Enrique Marra-López, secretario do CESM Galicia, apunta que ''es hora de dar un golpe en la mesa frente a la pasividad de otros y aprovechar la oportunidad que tenemos por delante''. Debido á situación laboral que viven os profesionais da saúde e ás "reiteradas demandas" á Consellería de Sanidade, pide o apoio de todo o persoal sanitario na vindeira folga indefinida.
O Sindicato Médico de Galicia sostén que o deterioro da calidade do servizo sanitario público responde principalmente a cuestións de mala xestión e organización.
Por iso, entre outras medidas reclaman a posibilidade de dispoñer de máis tempo tanto para o seu propio descanso como para atender aos pacientes ou a equiparación do prezo da hora de garda ao resto de CC.AA.
A recuperación dos días de libre disposición, a consideración dos días 24 e 31 de decembro como non laborais ou o establecemento de axendas cerradas de 25 pacientes para pediatría e 30 para médicos de familia, son outras das demandas.
A Delegación do CESM Galicia en Vigo fai un chamamento a todos os profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro, onde terá lugar a concentración o mesmo día, ás 11:00 horas.
Relacionadas:
-
Desconvocada a folga de médicos despois nove días de protestas
Por Redacción |
-
CESM Galicia sitúa nun 38% a participación na folga na área sanitaria durante a segunda xornada
Por Redacción |
-
García Comesaña inaugurará a Xornada de Cirurxía Coloproctolóxica en Montecelo coa presenza dun cento de especialistas
Por Redacción |
-
Pouca incidencia nas consultas durante a xornada de folga médica
Por Alba Feijoo Alonso | Creada e actualizada
-
Folga indefinida dos médicos a partir do 11 de abril para demandar melloras no "moi precario" sistema de saúde
Por Natalia Puga |