O paro reduciuse en marzo na gran maioría dos municipios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Ministerio de Traballo e Economía Social publicou este martes o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) que no caso do municipio de Pontevedra experimentou unha baixada de 17 persoas no mes de marzo o que sitúa o total de desempregados na capital en 4.849.
En Poio hai 882 desempleados (o que supón unha baixada de 32); Barro, 198 (0); Campo Lameiro, 80 (-1); Cerdedo-Cotobade 296 (-3); A Lama, 133 (-4); Vilaboa, 287 (1); Bueu, 599 (-17); Marín, 1.322 (1).
Na comarca do Salnés-Arousa: Cambados, 693 (-18); O Grove, 532 (-28); Meaño, 225 (-8); Meis, 240 (-10); Ribadumia, 198 (-20); Sanxenxo, 672 (-49); Vilagarcía, 2.652 (-48); Vilanova de Arousa 579 (-12); A Illa de Arousa, 190 (-15).
Na comarca do Umia: Caldas de Reis, 517 (-3); Cuntis, 218 (2); Moraña, 204 (-6); Portas, 148 (-3).
O número persoas rexistradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), ao finalizar o mes de marzo en Galicia, baixou en 2.245 persoas, un 1,56% de caída e acumula unha baixada do 7,56% no que vai de ano, con 11.489 persoas menos. É o terceiro dato de parados máis baixo na comunidade desde 2007.
A nivel estatal baixou o paro en 48.755 persoas (-1,67%) en relación co mes anterior. Este descenso relativo é o maior das últimas dúas décadas.
O Goberno central destaca que este é un dato especialmente positivo nun contexto económico internacional financeiro internacional de incerteza, especialmente no ámbito financeiro.
O paro rexistrado situouse en 2.862.260 persoas, a cifra máis baixa nun mes de marzo desde 2008.
Descende entre as mulleres en 25.897 ata as 1.718.823, a menor desde 2008 nun mes de marzo desde hai 15 anos e a cifra de mozos menores de 25 anos parados sitúase en 215.099, a menor nun mes de marzo de toda a serie histórica.
Hai menos parados en todas as actividades económicas e comunidades autónomas coa excepción de Madrid. Ademais, os novos contratos indefinidos supoñen un 46,82% do total e a taxa de cobertura é do 68,1% a máis alta nun mes de febreiro en 12 anos.
Relacionadas:
-
Baixada do paro nas comarcas de Pontevedra e Arousa durante o mes de abril
Por Redacción |
-
Poio pecha o primeiro trimestre con 882 parados e comeza abril con novos cursos de formación
Por Redacción |
-
O paro baixa en 24 persoas en febreiro na Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
O paro baixa en Galicia en 10.362 persoas en 2022
Por Redacción |
-
A provincia pechou novembro con 430 parados menos, ata situarse en 55.466
Por Redacción |