"Xente nova e algúns vellos rockeiros" na candidatura do PSOE en Barro
Por Redacción
O candidato socialista á Alcaldía de Barro, José Sanmartín, presentou este venres a súa candidatura ao completo para intentar gobernar o Concello "dende o feminismo, o animalismo, o socialismo e tódolos ‘ismos’ que beneficien a Barro".
Este acto celebrouse no Centro Sociocultural e contou coa asistencia do secretario xeral provincial do PSdeG, David Regades.
Sanmartín destacou a presencia de mulleres na súa candidatura e definiuna como "unha mostra de experiencia", recuperando a persoas que xa foron na lista socialista en anteriores convocatorias, novas incorporacións e "vellos rockeiros".
Dúas das persoas que volven á proposta socialista son Lía Rodríguez Barros no número 2 e ata o de agora voceira en Portas, Rocío Touriño, que ocupará o terceiro posto. O cuarto posto é para Cristina Fandiño.
Tamén volve incorporarse Irene Gómez, no número 6. En canto ás novas incorporacións figuran Miguel Barreiro (9), Catalina Pasarín (8), Damián Barreiro (suplente) e Jorge Campaña (suplente).
Ademáis figuran membros "históricos" na Agrupación local como Julio César Constenla (10), José Luis Abal (5), Margarita Canay (11) e María Jesús López (suplente). No posto número 7 repite Francisco José Pérez.
Sanmartín escolleu como lema "Un goberno para todos e todas" porque o seu proxecto terá como elemento central propostas para que as familias teñan todas as opcións de conciliación. Falou da ampliación no período de funcionamento da ludoteca, pero tamén dun proxecto interxeracional para persoas mozas e maiores nos distintos locais municipais, con accións atractivas. Falou de habilitar tamén espazos de estudos en épocas de exames e grupos de voluntariado para colaborar co Concello en beneficio da veciñanza.
Relacionadas:
-
Ana Pontón augura que Abraldes seguirá sendo o mellor alcalde da historia de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Barro quere construir un centro de día na entorna do tanatorio
Por Redacción |
-
Gregorio Agís presenta novos integrantes da lista do PSdeG-PSOE para "gobernar Poio"
Por Redacción |
-
Reunión dos candidatos socialistas na comarca para falar dos fondos europeos
Por Redacción |