Cerdedo-Cotobade contará cun Plan de abastecemento autónomo para as traídas veciñais
Por Redacción
A Xunta de Galicia dota ao Concello de Cerdedo-Cotobade dun Plan de abastecemento autónomo para mellorar a autoxestión sostible e segura das traídas veciñais.
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, co xerente do organismo hidráulico, Gonzalo Mosqueira, e co alcalde da localidade, Jorge Cubela, presentou este venres o proxecto final deste plan, co que promoverán as accións necesarias para garantir o abastecemento de auga potable á poboación, dotándoa dun instrumento de planificación clave para a mellora deste servizo, de competencia municipal.
Con este Plan, identificáronse as deficiencias das traídas veciñais de Cerdedo-Cotobade, afondando no proceso de onde sae a auga, con que calidade, se hai problemas e cando teñen lugar. Grazas a esta información, elaboraron unha planificación das actuacións necesarias para garantir o subministro de auga en cantidade e calidade, recollidas no citado plan.
Cómpre lembrar que a Xunta, ademais de en Cerdedo-Cotobade, impulsou esta experiencia piloto nos concellos de Oímbra, San Xoán de Río, Baleira, Mondariz e Oia.
En Galicia, debido a forte dispersión dos núcleos, as traídas veciñais son estratéxicas e precisan de solucións autónomas para abastecerse de auga potable e son case as 600.000 persoas que utilizan estes pequenos sistemas.
O Goberno galego puxo en marcha a comezos de ano unha nova convocatoria de axudas para mellorar o servizo e a calidade das augas das traídas veciñais, cun investimento de 500.000 euros, para actuar nas instalacións de captación, potabilización e almacenamento.
Estes incentivos subvencionan o 80% do custo das actuacións, ata un máximo de 15.000 euros por proxecto. Con estas axudas, desde o 2020 outorgáronse 136 axudas por máis de 1,3 millóns de euros para apoiar as traídas veciñais no rural.
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade pecha as contas do 2022 cun remanente de 1,1 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Un novo depósito de abastecemento de auga para os veciños de Loureiro
Por Redacción |
-
Un novo depósito asegura a subministración de auga para os habitantes de Liñeiriños, en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Presentan os estudos técnicos do plan de abastecemento autónomo de Galicia
Por Redacción |
-
Augas de Galicia presenta o proxecto do plan municipal de abastecemento autónomo en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |