O Enterro da Sardiña de Marín, declarado festa de interese turístico de Galicia
Por Redacción
O Enterro da Sardiña de Marín xa é festa de interese turístico de Galicia máis de 40 anos despois de empezar a celebrarse, un recoñecemento que xa recibira o visto e prace do Consello de Turismo e que este xoves tivo tamén o do Consello da Xunta de Galicia.
O Enterro da Sardiña de Marín celébrase anualmente cada mércores de cinza desde o ano 1882. Preséntase como unha festa urbana, participativa e aberta a persoas de todas as idades. Presenta como particularidades adoptar a forma dunha procesión de Semana Santa.
O Consello da Xunta aprobou o proxecto de acordo polo que se declaran festas de interese turístico de Galicia esta cita festiva de Marín e tamén a Festa do Entroido de Foz.
Unha vez examinada as solicitude presentada pola asociación Ateneo Santa Cecilia para a Festa do Enterro da Sardiña de Marín, e tras os trámites preceptivos, o Consello de Turismo emitiu un informe favorable, por cumprir os requisitos exixidos.
Para a declaración como festa de interese turístico de Galicia valóranse aspectos como a creatividade e a innovación na celebración dos eventos; o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración das festas e a recepción de visitantes; a afluencia de visitantes; a coordinación das entidades públicas e privadas involucradas nas celebracións, ou o adecuado coidado dos contornos urbanos, monumentais ou paisaxísticos onde se desenvolven.
Relacionadas:
-
"Cor, diversión, arte e troula" no programa do Entroido de Marín
Por Redacción |
-
Unha viúva escachando coa risa protagoniza o cartel de Entroido de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
A Aña Urbana enche o sábado de pasarrúas, regueifas, toques de leghón e baile tradicional
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
Marín chora na despedida á súa sardiña, antesala á fin do Entroido
Por Redacción |
-
A sardiña, protagonista do cartel dun Entroido que xa quenta motores en Marín
Por Redacción |