A Central de Compras de Cerdedo-Cotobade encara o seu cuarto ano cun orzamento de 250.000 euros
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade volve apostar pola Centra de Compras como medida de aforro e, no contexto actual de crise, para mitigar os efectos da inflación. Por cuarto ano consecutivo, pon en marcha esta iniciativa na que foi pioneiro entre os municipios de menos de 10.000 habitantes.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, contextualiza esta iniciativa dentro das medidas de transparencia, aforro, libre concorrencia e redución do impacto da inflación nos investimentos municipais.
A Central de Compras acaba de saír a concurso cunha licitación de saída de 250.000 euros para a adquisición a prezo fixo de formigón e materiais de obra e eléctricos.
A compra dos distintos lotes permite acadar un aforro aproximado dun 18%, como sucedeu o pasado ano, fronte ao prezo de licitación, e frear así a inflación que está afectando de xeito moi especial a este tipo de materiais hipotecando en gran medida a capacidade operativa dos concellos e representando tamén un problema para a execución das obras contratadas.
Esta Central de Compras Municipal saíu o pasado ano a concurso cun orzamento inicial de 150.000 euros e adxudicouse en case 124.000 euros distribuídos en tres lotes orientados á adquisición de formigón (20.661 euros, máis IVE), material de construción (82.664, máis IVE) e subministros eléctricos (20.661, máis IVE).
O Concello garantiuse un subministro axeitado e áxil ao prezo ofertado segundo as súas necesidades para as brigadas de Obras e Mantemento Eléctrico e sen que poida influír a posterior variación de custos que impoña o mercado.
Relacionadas:
-
A Central de Compras de Cerdedo-Cotobade permite aforrar ao Concello un 18% en materiais
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aforra 89.000 euros tras centralizar a adquisición de materiais
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade aproba novas medidas de seguridade para os locais abertos ao público
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade impulsa unha Central de Compras para adquirir formigón e materiais de obra e eléctricos
Por Redacción |