Os 'contos para a igualdade' chegan aos centros de Infantil e Primaria de Pontevedra
Por Redacción
O alumnado de primeiro e segundo de Primaria do CEIP de Marcón e o de Infantil da EEI de Verducido foron os primeiros en gozar dos contacontos que, con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, chegarán a todos o centros educativos públicos do municipio.
Estes 'contos para a igualdade' son unha actividade protagonizada pola narradora Raquel Queizás.
Tras estas dúas primeiras citas, os contacontos continuarán este xoves cos nenos e nenas de Infantil do CEIP Parada de Campañó e cos de Infantil do CEIP San Martiño de Salcedo.
Ademais, xa hai programados varios obradoiros durante o mes de abril no CEIP A Carballeira, no CEIP Cabanas (Salcedo), no CEIP Xunqueira I e no CEIP Xunqueira II.
CONCURSO EN TIKTOK
Á marxe destes contacontos destinados aos máis pequenos, a programación da concellería de Igualdade polo 8M tamén ten en marcha outra iniciativa orientada ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO de Pontevedra.
Trátase dun concurso de TikTok pola Igualdade organizado coa finalidade de visibilizar, previr e denunciar a violencia de xénero, impulsando a reflexión e a conciencia crítica do alumnado, ao mesmo tempo que desenvolven a súa creatividade.
O prazo para presentar vídeos estará aberto ata finais de abril.
Relacionadas:
-
O CEIP de Cabanas - Salcedo triunfa no 40 Concurso Escolar da ONCE en Galicia
Por Redacción |
-
Os 'faladoiros feministas' abordarán a perspectiva feminista na literatura actual
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Debullando a lei do 'só si é si': do dereito de reparación social aos dispositivos de protección para a vítima
Por Natalia Puga |