A Policía Nacional inaugura unha serie de charlas sobre ciberdelincuencia en empresas do porto de Marín
Por Redacción
A Policía Nacional abriu a semana pasada a primeira dunha serie de charlas sobre ciberdelincuencia previstas en empresas do porto de Marín. A formación inaugural impartiuse na empresa Cabomar.
A actividade formativa correu a cargo da Delegación de Participación Cidadá da Policía Nacional de Marín e consistiu en tres charlas en materia de prevención e seguridade en relación a estafas que afectan o sector empresarial.
Nas devanditas charlas tratáronse asuntos de moita actualidade, como as estafas tipo 'fraude do CEO', 'recovery room' e outras tipoloxías delituosas que afectan principalmente o ámbito da empresa.
A Policía Nacional impartiu esta formación a unha trintena de traballadores de diversos departamentos tales como o técnico, o comercial ou o financeiro.
Tanto a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra como varias empresas con sede no porto mostráronse totalmente colaboradoras e interesadas na proposta da Policía Nacional para impartir destas charlas.
Con esta nova iniciativa, espérase que outras empresas de Marín se unan a este tipo de charlas centradas na prevención e información sobre os delitos que lles poden afectar directamente, tratando de evitar así que poidan ser vítimas deste tipo de fraudes.
Relacionadas:
-
A colaboración cidadá axuda a deter "in fraganti" tres persoas que tentaban roubar nun local hostaleiro de Marín
Por Anxo Lourido |
-
Maica Larriba valora a formación da Policía aos escolares para previlos de ciberdelitos
Por Redacción |
-
A ciberdelincuencia redúcese nun 60% na provincia durante o primeiro trimestre do ano
Por Redacción |