Concedida a licenza da última nave do Vao onde se instalarán Decathlon, Kiwoko, JYSK, Leroy Merlín e Eroski
Por Redacción
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra concedía este luns a licenza da última nave do polígono empresarial do Vao. Neste espazo instalaranse as firmas Kiwoko, JYSK, Leroy Merlin, Decathlon e Eroski.
Anabel Gulías, portavoz do goberno local, explicaba que se trata da nave de maior superficie do polígono situado na estrada de Vilagarcía, dentro dos terreos pertencentes ao municipio..
A superficie edificable do polígono divídese en dúas parcelas, con 15.586 metros cadrados e 964 m2 respectivamente. A superficie para espazos libres e zonas verdes supera os 4.400 m2 e crearanse 462 prazas de aparcamento.
Establécese unha parcela de cesión municipal de 1.758 metros cadrados e a cesión dunha parcela ao Ministerio de Fomento para a autoestrada, cunha dimensión de 3.915 m2
A nave de maior volume presenta un custo de 3.512.532 euros e nela instálanse:
- Leroy Merlín, na planta baixa, cunha superficie construída de 4.236 m2, con máis de 3.200 m2 destinados a sala de vendas. O custo de acondicionamento da instalación elévase a 430.762 euros.
- Decathlon dispoñerá de 3.017 m2 construídos, dos que 2.600 están previstos para zona de vendas. O custo de acondicionamento avalíase en 265.990 euros.
- JYSK tamén se instalará na planta baixa, cunha superficie de 1.001 m2 e unha sala de venda de 775 m2. O aconcidionamiento sitúase en 109.080 euros.
- Kiwoko pet ocupará 909 m2 cun espazo para vendas de 652 m2. O custo de acondicionar o local estímase en 248.049 euros.
- Eroski instalarase na segunda planta da nave. Contará con 2.570 m2 construídos e un estacionamento de 212 prazas, que se suman ás 462 das prazas establecidas na parcela. O custo de acondicionar o supermercado establécese en 1.111.292 euros.
Ponteno, empresa promotora do polígono, dispón de seis meses para o inicio da obra; seis meses no caso de paralización e dous anos para finalizar todo o proxecto, segundo indican fontes municipais.
Relacionadas:
-
Inminente inicio das obras do novo parque comercial do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello tramita as licenzas para Decathlon, Eroski, Leroy Merlín, JYSK, Norauto e Kiwoko
Por Oskar Viéitez |
-
Novo atraso de seis meses nas obras de ampliación do polígono do Vao
Por Natalia Puga |
-
Tramitan as licenzas para Norauto, Eroski, Leroy Merlin, Kiwoko, Jysk e Decathlon no polígono do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
Leroy Merlin, Decathlon e Eroski estarán no novo polígono do Vao
Por Alejandro Espiño |
-
O polígono comercial do Vao segue pendente da burocracia despois de 18 anos de trámites
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada