Arde o cadro eléctrico nunha tapería de Sanxenxo
Por Redacción
Un curtocircuíto parece ser a causa do incendio que se rexistrou este sábado nunha tapería de Sanxenxo, situada no paseo da praia de Silgar.
O lume detectouse minutos antes das nove da mañá, segundo informou o 112 Galicia.
O incendio, no que non se rexistraron danos persoal, afectou o cadro eléctrico do local, o cal fixo que saltase o sistema anti incendios.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Sanxenxo, a Policía Local e os bombeiros do Salnés, chegados desde o parque comarcal de Ribadumia.