Campaña de seguimento do Plan Revitaliza de máis de 5.300 composteiros individuais

Por Redacción
O Revitaliza ten en marcha unha campaña de seguimento dos composteiros individuais (COIN) na provincia que chegará a máis de 5.300 familias.
De maneira paralela á actividade dos mestres compostadores municipais o persoal da empresa SM, encargada dos traballos, comprobará que o proceso de compostar se realiza correctamente en todos os recipientes entregados e controlados pola plataforma Revitaliza, unha aplicación informática que garante a trazabilidade e seguridade de todo o modelo de compostaxe provincial.
Dende inicios deste ano 2022 estanse a facer as revisións. Nos concellos máis avanzados xa practicamente finalizaron e os demais foron comezando os servicios en febreiro e marzo e continuarán a andar en abril, prolongándose aínda durante varias semanas.
Se visitarán os COIN dos concellos que xa están na coñecida como Fase 2 do Revitaliza, na que a maior parte dos biorresiduos se xestionan mendiante compostaxe, e tamén outros interesados no proceso: Tomiño (2.207); Illa de Arousa (204); Valga (1.005); Poio (332); Tui (515); Moaña (252); Cangas (146); Bueu (214); Sanxenxo (135); Gondomar (100); e A Guarda (230) colocados en sendos territorios.
Nestas tarefas de mantemento compróbase nivel de enchido do material; toma de temperatura; comprobación (semicuantitativa) da humidade do material en proceso; fotografía do COIN no lugar instalado coa súa data; comprobación visual de ausencia de roedores no interior do COIN, de exceso de insectos, presencia de cheiros ou calquera outra molestia observada.
No caso de presenza dalgún problema, solución "in situ", ou cando menos informe para unha posterior solución. Todos estes datos súbense a APP do Revitaliza de maneira inmediata.
Este seguimento persoal únese ao realizado con anterioridade por vía telefónica e tamén a través dos mestres compostadores e entidades colaboradoras (Adega, AdT ou FRUGA) para subir na plataforma de control. Durante o contacto as familias usuarias teñen unha atención e directa e poden reforzar tamén a súa formación sobre a compostaxe en xeral e resolver as dúbidas.
Relacionadas:
-
O ‘Plan Revitaliza’ vai difundir o seu modelo de xestión de residuos en Madrid, Cáceres e Pamplona
Por Oskar Viéitez |
-
Este venres entra en funcionamento o composteiro comunitario do parque de Ánkar
Por Redacción |
-
Vilagarcía compostou o ano pasado 56,2 toneladas de biorresiduos coas que xerou 12 toneladas de abono natural
Por Redacción |
-
Os técnicos do Plan Revitaliza supervisarán os composteiros individuais nos domicilios en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O modelo de compostaxe da Deputación chegará á India da man da Fundación Vicente Ferrer
Por Oskar Viéitez |