Localizado un condutor que se deu á fuga tras ter un accidente en Virxinia Pereira
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra localizou un condutor que na mañá deste mércores e deu á fuga tras verse implicado nun accidente de tráfico na avenida Virxinia Pereira Renda da cidade.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, o accidente produciuse sobre as 9.30 horas e consistiu nunha colisión por alcance que se saldou sen feridos, só con danos materiais de pequena consideración.
Na colisión víronse implicados dous vehículos e un deles deuse á fuga xusto despois.
A través dos datos da matrícula do vehículo, a Policía Local logrou localizar ao condutor e confirmar que se trata dun veciño de Poio.
Agora, están a realizar xestións para continuar coa investigación e poder entrevistarse co condutor.