Estudantes no río Gafos: "cando vés aquí e ves todo o lixo entendes que hai que facer algo"
Un total de 200 alumnos e alumnas de diversos centros escolares da cidade realizaron este mércores tarefas de limpeza en diversas zonas do río Gafos xunto ao persoal da Asociación Vaipolorío polo Día Mundial da Auga.
Os IES Sánchez Cantón, Valle Inclán, Martín Sarmiento, Torrente Ballester, Xunqueira I e Xunqueira II son os centros que forman parte desta iniciativa. O alumnado percorreu varios tramos do Gafos recollendo o lixo na contorna do río, á vez que recibían explicacións dos voluntarios de Vaipolorío sobre a riqueza biolóxica e etnográfica desta zona da cidade.
O estudantado valora positivamente este tipo de iniciativas, afirmando que "a nós dannos charlas e explícannos as cousas, pero cando vés aquí e ves todo o lixo entendes que hai que facer algo".
Finalmente reuníronse todos os centros nas proximidades da Praza Ponte Boleira para realizar a plantación de Carballos na zona. Á actividade asistiu Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que participou na plantación dos Carballos xunto a algúns dos estudantes.
Relacionadas:
-
Co verán, regresan os domingos para limpar os ríos con Vaipolorío
Por Redacción |
-
Vaipolorío advirte da escaseza de caudal do río Gafos nesta primavera
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Plantación europea de sabugueiros como reivindicación da contorna natural do Gafos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Solicitan o realoxamento do asentamento chabolista da Ponte do Couto
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío limpa as ramaxes atrancadas nos ollos das pontes no Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Aprendizaxe e diversión a través dos talleres impartidos por Augas de Galicia
Por Rosalía Rico Otero |