'Ahogo constante', a iniciativa que conciencia sobre a contaminación da auga
Este mércores 22 de marzo, polo Día Mundial da Auga, o alumnado de artes da clase 1º de Bacharelato E do IES A Xunqueira realizou unha instalación artística na Fonte dos Nenos.
A montaxe que realizou o estudantado simboliza a contaminación da auga, para iso acondicionaron este espazo cunhas redes, que contiñan envases de plástico de diferentes produtos.
Esta acción xorde do proxecto europeo 'People & Planet: un destino común', que o impulsou o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración do Concello de Pontevedra e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social ( AGARESO).
No acto de presentación da instalación estaba presente: Marcos Rey, concelleiro Benestar Social do Concello de Pontevedra; Carmen Novas, responsable do proxecto no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade; o alumnado de Bacharelato e Blanca Barrio, a profesora da materia de Proxectos artísticos do IES A Xunqueira.
A historia desta instalación artística xorde porque segundo Antía Rivas Rial, alumna da Xunqueira, "quieren representar la contaminación y, a partir del 2050, más del 50% de la población no va a tener agua potable".
O alumnado busca concienciar a través desta iniciativa, sobre a situación ambiental futura. Rivas expón outro motivo polo que realizaron o traballo: "din que nos somos o futuro e somos os que temos que solucionar esta emerxencia ambiental. Entón, por iso o fixemos, para que todos sexamos conscientes de o que está a ocorrer".
Este proxecto xorde da materia de Proxectos Artísticos, onde recibiron unha charla e ofrecéronlle a posibilidade de realizar este traballo. A idea realizouse de forma conxunta, foi "unha idea colaborativa", comenta Rivas, da que formaron parte 16 estudantes.
Roi Guitián, integrante de AGARESO, explica que o estudantado de artes da Xunqueira recibiron unha formación denominada 'Comunicación de guerrilla', "unha estratexia de comunicación que se basea na provocación, na intervención do espazo público, na linguaxe subversiva", comenta Guitián.
"Partindo de esta premisa o grupo de alumnos deseñou unha acción de comunicación sobre o medio ambiente, en particular sobre a auga. Escolleron falar da contaminación dos plásticos que están nos ríos e nos mares. Para facer unha acción impactante, optaron por encher a praza de lixo e situar un marco futuro, onde se estima que a cantidade de plástico que haberá nos mares e nos ríos será inasumible para a humanidade", clarifica Guitián.
A través da montaxe simbolizan a contaminación que pode haber nos ecosistemas acuáticos. De feito unha das esculturas dos nenos simulaba que estaba a comer os plásticos e con isto queren representar que "o que tiramos volve a nós", comenta Rivas.
Os materiais que se empregaron para realizar a montaxe artística foron "lixo que atopamos nos contedores do colexio e, aproveitando que están en obras nas clases, collemos tubos e redes que atopamos e que non ían usar", explica Ainoa González Mariño, alumna da Xunqueira.
A maiores desta instalación artística, hai un cubo "que leva información sobre a auga e a contaminación, ademais dun QR non que explicamos a intención deste proxecto e como o levamos a cabo", comenta González. O QR redirixe a un vídeo que se compón por unha explicación e por un making off, no que se mostra o proceso de elaboración do proxecto, comenta Rivas.
Relacionadas:
-
'Kalabukú. La semilla del cambio', documental de Agareso, preestréase na Casa das Campás
Por Redacción |
-
Aprendizaxe e diversión a través dos talleres impartidos por Augas de Galicia
Por Rosalía Rico Otero |
-
Loita fotográfica ambiental fronte á ameaza eólica
Por Redacción |
-
A misión de Pawel Napierala: Salvar a arte ucraína das balas e as bombas
Por Oskar Viéitez |