A Illa de Arousa busca voluntarios para participar na súa Semana Xurásica
Por Redacción
Protexer o único ovo de dinosaurio que queda no planeta. Esa é a misión na que estará inmersa a Fundación Deportiva da Illa de Arousa esta Semana Santa atendendo a petición dun recoñecido paleontólogo e para a que recluta voluntarios entre os escolares de Infantil e Primaria durante as súas vacacións.
Para optimizar a colaboración do alumnado, os monitores ensinaranlles a distinguir entre os diferentes tipos de dinosaurios, a buscar fósiles e a ter moito sixilo para non seren descubertos.
Os interesados en participar nesta aventura poderán formalizar a súa inscripción a partir deste mércores, día 22 ás 10 da mañán entregando as follas cubertas que hoxe foron repartidas tanto no CEIP como na gardería no segundo andar do Concello, en horario de 10 a 14 horas, antes do 30 de marzo; ou enviando por whatsapp ao número 662300391.
Haberá dúas convocatorias distintas. Os nenos de Infantil, nados entre 2017 e 2019 participarán nunha misión que terá lugar o martes 4 de abril na praia de Area de Secada ou no CEIP Torre Illa en caso de que chova. Dividiranse en dous grupos, por idades, e en horario diferente para adaptar a actividade á súa capacidade.
O mesmo ocorre cos participantes de Primaria, con dúas convocatorias para os nados entre 2011 e 2013 e os nados entre 2014 e 2016, que terán horarios diferentes pero en ambos casos terán actividade o luns 3 e o mércores 5 de abril.
As prazas son limitadas e terá preferencia a cativada empadronada en A Illa de Arousa.