A lei do 'só si é si' será abordada este mércores no Faladoiro Feminista
Este mércores 22, realizarase un Faladoiro Feminista que abordará a polémica Lei de Liberdade Sexual ('Só si é si') na sede do Centro de Información á Muller (CIM) de 19:00 a 20:30 horas.
O coloquio presentarao Yoya Blanco e moderarao a xornalista María Varela. As relatoras que forman parte desta charla son Belén Rubido de la Torre, xuíza decana de Pontevedra titular do Xulgado do Penal nº 4 de Pontevedra, especializado en Violencia Machista; Dori Varas Noguerol, traballadora social da Oficina de Atención e Asistencia ás Vítimas do Xulgado de Vigo, e Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora e portavoz da Asociación da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.
Este Faladoiro é de balde ata completar o aforo.
Esta charla forma parte da programación do 8M e en caso de non asistir, estará dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra e nas redes sociais da Concellería de Igualdade.
Yoya Blanco comenta que o programa de Faladoiros Feministas pecharase o 29 de marzo cun coloquio literario focalizado en 'A incorporación da perspectiva feminista na literatura actual', que será moderado pola xornalista Chus Gómez e contará coas autoras Ana Cabaleiro López e Lorena Conde Martínez. Elas tratarán o contido das súas obras 'Deixádenos remar' e 'Velloucas e minchas'.
Relacionadas:
-
Os 'faladoiros feministas' abordarán a perspectiva feminista na literatura actual
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Debullando a lei do 'só si é si': do dereito de reparación social aos dispositivos de protección para a vítima
Por Natalia Puga |
-
Mulleres Salgadas premia a Dula Piñeiro, unha mariscadora e "guerreira" comprometida
Por Redacción |
-
A Sede Afundación Pontevedra acolle o ciclo de cine "Mulleres"
Por Álvaro Arosa Barco |