Belén Búa Seijo, candidata do BNG á Alcaldía de Campo Lameiro

Por Redacción
O BNG de Campo Lameiro escolleu a Belén Búa Seijo como candidata á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.
Belén Búa é veciña da parroquia das Fragas, ten 26 anos e é técnica de guía no medio natural.
No Bloque aseguran que "é unha muller comprometida coas causas xustas" e que asume esta responsabilidade con "valentía" e co obxectivo de "facer que Campo Lameiro cambie a súa dinámica, deixe de esmorecer e se converta nun concello vivo e atractivo".
"Estou moi ilusionada con este reto persoal e colectivo. Quero moito a Campo Lameiro e quero facer todo o que estea na miña man para facer que mellore e que avance, porque estamos nunha situación na que en Campo Lameiro xa non hai futuro para a xente moza e entre todos temos que dárlle a volta e recuperar a ilusión a vitalidade do noso concello", sinalou Belén Búa.