
Dominio público Adoarble Dude
A baixa dos dous pediatras do Centro de Saúde de Bueu provoca unha reorganización das consultas

Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés anuncia a reorganización da cobertura das dúas consultas de Pediatría do centro de saúde de Bueu. Para esta acción conta coa colaboración voluntaria de seis pediatras para paliar as baixas dos dous especialistas titulares de Pediatría do centro sanitario.
Durante o mes de marzo, unha das consultas cubrirase en horario de mañá os días 21, 22, 27 e 30 dese mes. A segunda das consultas prestarase con cobertura asistencial en horario de tarde durante os días 21, 23, 28 e 30 de marzo.
En abril está previsto que unha das consultas sexa atendida a demanda asistencial en horario matinal os días 5, 13, 19 e 25 de abril. A área sanitaria sinala que están pendentes de engadir máis días de cobertura.
A xerencia sinala que se ampliou o persoal de enfermería cunha nova profesional para atender aos menores neste centro de saúde. Sinalan que a asistencia das urxencias vitais será asumida polos médicos de familia do centro, tras ser vistas polo persoal de enfermería pediátrica.
As incapacidades temporais das dúas persoas titulares das prazas de Pediatría do centro de saúde de Bueu, engadindo a non dispoñibilidade de pediatras nas listas de contratación, obriga a realizar estes cambios na organización, segundo sinalan desde a xerencia de José Flores, que indica que continuará realizando xestións organizativas e administrativas para ampliar a cobertura sanitaria en Bueu.
Insisten tamén desde a Consellería de Sanidade en que o Ministerio de Sanidade debe tomar en consideración as peticións da Xunta para formar a máis especialistas e entre elas destacan: a convocatoria dun MIR extraordinario ou a flexibilización dos criterios das unidades docentes de formación.
Relacionadas:
-
Flores, xerente da área sanitaria, discrepa dos colexios médicos e expón que o XIDE é unha "ferramenta útil"
Por Redacción |
-
A Lama, Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas compartirán un novo pediatra
Por Redacción |
-
A xerente do Sergas reúnese con profesionais da Atención Primaria para mellorar a situación sanitaria en Vilaboa
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O Gran Montecelo, a polo noveno piso
Por Redacción |
-
Sanitarios que viaxan en bus de Pontevedra a Vigo esixen solucións por atrasos continuos de ata 45 minutos
Por Manu Otero |
-
O Sergas incluirá o servizo de pediatría de Moraña e Cuntis na convocatoria de prazas de difícil cobertura
Por Redacción |
-
Folga indefinida dos médicos a partir do 11 de abril para demandar melloras no "moi precario" sistema de saúde
Por Natalia Puga |