Un motorista, trasladado en UVI a Montecelo ao sufrir unha caída en Bueu
Por Redacción
Un motorista sufría unha caída na tarde deste mércores na avenida Montero Ríos no municipio de Bueu.
O accidente rexistrábase minutos antes das 16.00 horas. Varias persoas contactaron inmediatamente co servizo do 112 Galicia para pedir axuda urxente ao entender que o motorista se atopaba ferido de gravidade.
Segundo o 112 Galicia, unha das persoas que chamaba sinalou que o piloto perdeu a consciencia tras o impacto.
Desde o servizo xestor de Emerxencias avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes de seguridade da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
O equipo sanitario confirmaba, minutos máis tarde, que o condutor da moto foi trasladado por unha UVI móbil ata o Hospital de Montecelo.