A reconversión do ámbito portuario nunha 'batea en terra' comezará tras a Semana Santa
Por Redacción
Oreco Balgon será a empresa que executará a primeira fase das obras de remodelación previstas na contorna portuaria de Sanxenxo. Así o propuxo a mesa de contratación de Nauta Sanxenxo, aceptando a oferta presentada pola compañía.
As obras, que comezarán despois de Semana Santa, custarán finalmente 1.497.000 euros. Terán un prazo de garantía de cinco anos e executaranse en 16 semanas.
A superficie da zona na que está prevista a primeira fase de actuación ascende a 5.259 metros cadrados e, nela, proxéctase un noiro axardinado que comunica a Praza dos Barcos e a Praza do Mar, segundo recolle o proxecto aprobado no seu día.
Nesta zona contémplase a creación dun parque xardín que xere unha continuidade topográfica como un elemento charnela entre a Praza dos Barcos, o Paseo de Silgar, o Paseo dos Barcos, o dique e os portos pesqueiro e deportivo.
Manterase un acceso rodado ao porto pesqueiro polo exterior da praza, con carácter restrinxido. O aparcamento mantén as prazas actuais e tamén seguirán todos os locais comerciais en concesión, sen intervención ningunha, axustando para iso a pendente do xardín.
A intervención desta fase contempla tamén a rehabilitación e mellora do pavimento na Praza dos Barcos e a súa integración dentro do proxecto, a redistribución do mobiliario urbano existente e a simplificación e unificación de todos os elementos de sinalización.
En toda esta área plantaranse 33 árbores (piñeiros e tamarices), 4.369 arbustos de oito variedades diferentes e un total de 10.289 plantas. As especies serán autóctonas, de diferente porte e con distintos estados de floración que permitan ter unha variación cromática ao longo do ano.
Os promotores desta actuación optaron por introducir especies autóctonas propias da comunidade pola súa resistencia aos ventos, a salinidade e o seu baixo consumo de auga.
Co deseño preténdese recrear unha paisaxe natural no espazo urbano que conecte aos usuarios e visitantes coa contorna, creando un espazo conector de biodiversidade e de valor ornamental, con masas arbustivas de floración graduada e abundante.
Relacionadas:
-
A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo, convertida ao fin en realidade
Por Redacción |
-
A nova rampla axardinada do porto de Sanxenxo toma forma
Por Redacción |
-
As obras da "Batea en terra" mantéñense durante o verán
Por Redacción |
-
A cimentación e os muros de contención centran as obras da primeira fase de 'Batea en Terra'
Por Redacción |
-
O Atlante durmirá unha tempada na Praza dos Barcos por culpa das obras
Por Redacción |
-
O porto deportivo de Sanxenxo, sen amarres libres para Semana Santa
Por Redacción |
-
O porto de Sanxenxo contará cun espazo para gardar redes e nasas
Por Redacción |
-
A ampliación da concesión do porto ata 2047 desbloquea a 'Batea en terra'
Por Redacción |
-
A primeira fase da 'Batea en terra' roldará os 1,5 millóns de euros e terá un prazo de execución de 9 meses
Por Oskar Viéitez |
-
A "batea en terra" da Praza do Mar executarase en tres fases e custará 8 millóns
Por Redacción |