As charlas para previr situacións de acoso e violencia chegan a 275 centros escolares da provincia
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, informaba este mércores 15 de marzo que o Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar nos centros educativos da provincia está a alcanzar as mellores cifras de participación.
Neste sentido, avanzou que durante o primeiro trimestre do curso 2022-2023, 12.898 persoas membros da comunidade educativa da provincia, entre alumnado, corpo docente, pais e nais, participaron nas actividades formativas e preventivas dirixidas pola Garda Civil e a Policía Nacional, o que supón un incremento do 56,5% con respecto ao pasado curso.
Esta declaración producíanse ao remate da reunión da Comisión Provincial de Seguimento do Plan Director, onde participaron, ademais da subdelegada do Goberno en Pontevedra, o director da Alta Inspección de Educación en Galicia, Manuel Regueiro; a xefa da Unidade contra a violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, Manuela Vilaboy; o xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez; e o inspector de Educación da Xunta de Galicia e responsable do Plan Director en Pontevedra, José María Alén, así como membros do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil.
Nestas actividades participaron 275 centros escolares da provincia de Pontevedra. As charlas impartidas polos equipos especializados da Policía Nacional e a Garda Civil versaron sobre ciberseguridade, adiccións, violencia de xénero, ou acoso escolar, entre outras temáticas.
Maica Larriba subliñou que "a prevención desde a educación é fundamental para evitar o acoso, o ciberbulling, a violencia machista… por iso, as charlas de Plan Director teñen un papel tan importante, actuando desde os propios centros escolares, onde tantas veces, despois destas charlas, detéctanse distintas situacións de risco para o alumnado".
Relacionadas:
-
Convocatoria de concentración polo feminicidio de Oia diante da Audiencia
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno abre as súas portas á cidadanía
Por Redacción |
-
Maica Larriba destaca o labor educativo da Policía na loita contra os riscos de internet
Por Redacción |
-
Formación sobre o uso seguro das novas tecnoloxías, principal demanda dos centros educativos para previr a delincuencia
Por Redacción |