Piden colaboración veciñal para actualizar a lista de zonas sen cobertura de fibra en Ribadumia
O Concello de Ribadumia solicita que os veciños do municipio que non teñan cobertura de fibra o comuniquen para actualizar a lista de zonas do municipio sen cobertura.
O obxectivo da renovación da lista é para mellorar a calidade de vida dos habitantes do municipio, ofrecéndolle o acceso á fibra nestas zonas.
As persoas residentes que non teñen cobertura, deberán contactar a través dos seguintes números de teléfono 986 718 491 ou 986 718 499. Tamén existe a posibilidade de comunicar esta información presencialmente nas oficinas municipais.
Independentemente da forma na que se decida contactar co Concello de Ribadumia, habería que facelo antes do 17 de marzo.
Unha vez que se realicen as modificacións na lista, o goberno local planificará e efectuará melloras na infraestrutura de comunicacións da localidade para ofrecer un servizo de calidade a todas as persoas.