A antiga biblioteca de Moraña, rumbo a ser o novo arquivo municipal
Por Redacción
Coa adquisición do mobiliario, Moraña toma impulso na súa iniciativa de trasladar o arquivo municipal a unas dependencias máis amplas, a antiga biblioteca municipal.
Os documentos, que serán trasladados en próximas semanas, poderán así estar conservados en mellores condicións técnicas, de seguridade, salubridade e accesibilidade que na localización actual, o local social situado no Buelo.
As obras de mellora de biblioteca consistiron en obras no exterior da edificación, mediante a substitución da cuberta, incorporación de canlóns e baixantes, substitución das carpintarías exteriores de madeira por unhas novas, melloras de accesibilidade ou a reparación da fachada.
Agora, toda vez que esas obras se atopan rematadas, o que se pretende é levar a cabo a instalación de módulos de arquivadores para albergar todo o material arquivado e poder facer o traslado definitivo do arquivo actual a este novo arquivo.
Para optimizar o espazo destinado a arquivo, optarase por un sistema compacto de módulos para arquivadores, que se instalarán sobre unha plataforma con carrís que permita o seu desprazamento para acceder a cada módulo. Colocaranse seis destes módulos e un máis dobre.
O orzamento global da actuación ascende a case 42.000 euros.