Ceden un local municipal en Vilalonga para o Banco de Alimentos Rías Baixas
Por Redacción
O alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín, e a presidenta do Banco de Alimentos Rías Baixas Dora Pérez, asinaron hai uns días un convenio de colaboración para a cesión do uso do novo local por un período de catro anos.
A organización encárgase da recollida de alimentos tanto de doantes públicos como privados e aprovisionar gratuitamente a institucións e persoas beneficiarias dos concellos da comarca do Salnés, pero tamén de Poio, Pontevedra, Marín, Caldas, Cangas e Ponte Caldelas.
O Banco de Alimentos, que ata o de agora estaba situado no Centro de Interpretación da Telleira, trasládase ao antigo mercado de abastos de Vilalonga.
O Concello acometeu con fondos propios as obras de adecuación do inmoble de 211 metros cadrados por un custo total de 32.112 euros. As instalacións contan agora cun almacén cunha sala diáfana, un aseo adaptado e unha cámara de frío. Ademais, realizáronse traballos de illamento, pintura, fontanería e electricidade e mellorouse o acceso ás instalacións.
O obxectivo é que A Telleira convértase nun centro de difusión dos valores ecolóxicos e etnográficos de toda a zona que fomente o turismo ambiental e ornitolóxico, especialmente nos meses de outono e inverno cando máis de 200 especies diferentes de aves elixen para invernar este humidal, incluído no convenio Ramsar para a conservación e uso racional deste tipo de espazos.
Precisamente, coa finalidade de potenciar a protección desta contorna e convertela no centro da actividade ambiental, trasladarase a estas instalacións, dotadas coas últimas tecnoloxías dixitais, a sede da Concellería de Medio Ambiente. O Concello conta para iso cunha partida de 557.000 euros dos fondos europeos Next Generation para executar a actuación.
Relacionadas:
-
Sae a licitación a primeira fase do mercado de abastos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Unha empresa do porto de Marín ofrece formación a persoas en risco de exclusión social
Por Redacción |
-
A Telleira será a sede galega de SEO Birdlife tras a súa rehabilitación
Por Redacción |
-
O acondicionamento da praza de abastos de Vilalonga como sede do Banco de Alimentos custará 32.112 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo recolle 1.650 quilos de produtos para o Banco de Alimentos
Por Redacción |