O PP afea o "feminismo de pancarta" do BNG: "Votando en contra da modificación da lei do 'só si é si' non se defenden os dereitos das mulleres"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O PP afeou este venres na rúa o posicionamento do BNG, do PSOE e de Unidas Podemos en relación coa Lei integral de liberdade sexual (LO 10/2022), coñecida como a lei do 'só si é si', tanto coa súa aprobación como coa reforma que o Congreso empezou a tramitar esta semana.
En relación co BNG, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixo pedir "que deixe xa o feminismo de pancarta, que deixe xa o feminismo de eslogan", pois " non se é mis feminista por ter unha muller lideresa como Ana Pontón", senón que se é máis feminista por defender os dereitos das mulleres e "votando en contra da modificación da lei do 'só si es si' non se defenden os dereitos das mulleres".
Dirixentes, afiliados e simpatizantes do PP de Pontevedra concentráronse na noite deste venres diante da Audiencia Provincial en sinal de apoio coas vítimas dos agresores sexuais beneficiados polas reducións de condena derivadas da aplicación desta lei
Paula Prado desprazouse a Pontevedra para realizar esta concentración, similar ás xa realizadas en Marín, Ferrol, Santiago, A Coruña ou Ourense nas útlimas semanas. Nesta ocasión, acompañárona o candidato á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez; e o presidente provincial do PP, Luis López.
Rafa Domínguez explicou que esta concentración é un "xesto simbólico" que pensan que é "moi importante" e lembrou que o BNG apoiou no Congreso dos Deputados aprobación inicial da lei e votou en contra da reforma que empezou a tramitarse esta semana, que prevé subir as penas aos agresores sexuais para equiparalas ás penas máximas da lei anterior. Tamén aproveitou para afear ao BNG local que votou en contra dunha moción presentada no Pleno de Pontevedra contra esta lei.
"Unha lei apoiada polo BNG permitiu que centos de agresores sexuais saíran á rúa", sinalou Dominguez, que engadiu que "estamos vendo que agresores sexuais estaban na cadea e agora están nas rúas de Pontevedra" e apuntou directamente ao alcalde: "o que estamos pensando é que Lores é partícipe dunha xestión penosa dunha lei que o que fai é perxudicar ás mulleres e o que fai é que agresores sexuais estean na rúa"
Paula Prado referiuse ao "goteo constante" de agresores sexuaisn na rúa e lembrou que case 800 condendos en toda España se vieron beneficiados pola aplicación desta lei, 50 deles en Galicia, dos que seis saíron á rúa e o resto viron reducida a súa condena.
Lembrou tamén que Pontevedra é a provincia na que máis agresores sexuais viron reducicadas as súas condenas en aplicación desta lei e dous saíron á rúa.
Con esta concentración diante da Audiencia quixeron amosar a súa "solidariedade" coas vítimas que"están vendo como os agresores sexuais están vendo rebaixda a súa pena ou, o que é moito peor, ven os se agresores sexuais na rúa antes de tempo".
Ademais, pediron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que "lle pida perdón ás víctimas" e Paula Prado insistiu en que "nunca unha lei fixo tanto dano aos dereitos das mulleres como a lei do 'só si é si".
Relacionadas:
-
Pepa Pardo será a número dous na candidatura do PP de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Debullando a lei do 'só si é si': do dereito de reparación social aos dispositivos de protección para a vítima
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia rexeita rebaixar os 11 anos de cárcere impostos a un violador
Por Oskar Viéitez |
-
Rebaixan a condena a dous violadores pola lei do 'só si é si', pero non supón a súa excarceración
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Provincial de Pontevedra rebaixa as penas impostas a dous condenados por delitos sexuais
Por Oskar Viéitez |
-
Non haberá reducción de condena para o violador unha muller en Tomiño, que finxiu ser a súa veciña para atacala
Por Redacción |
-
O PP reclama en Marín a corrección da Lei do 'só si é si' e o cesamento da ministra de Igualdade
Por Oskar Viéitez |
-
Críticas do PP ao silencio de Carmela Silva sobre a Lei do Si é Si
Por Redacción |