Máis de 250.000 euros para acondicionar o campo de fútbol de Romai, en Portas
Por Redacción
O Concello de Portas destinará máis de 285.000 euros para acondicionar o campo de fútbol de Romai e dotalo de herba sintética.
O obxecto deste investimento é dotar ao concello dun novo campo no que fomentar a práctica deportiva, especialmente do fútbol base, así como poñer a disposición da veciñanza un espazo axeitado para poder levar adiante calquera actividade deportiva.
Desde o Concello prevén que a execución terá un prazo máximo de catro meses unha vez finalizado o procedemento de contratación pública e que a empresa adxudicataria dos traballos teña cumprimentada toda a documentación necesaria para acometer a obra.
O novo campo disporá de herba artificial e realizarán todas as obras pertinentes, inspeccións da superficie y actuacións nas zonas nas que sexa necesario. A altura da herba terá 60 mm de altura, será de polietileno e monofilamento de cores alternas verde e oliva e a marcaxe será de cor branca para fútbol once e de azul para as de fútbol sete.
Tamén colocarán porterías fixas para fútbol once, dous xogos de fútbol sete que serán abatibles ou móviles, bancos de oito prazas para xogadores, un marcador electrónico, un xogo de catro picas de córner regulamentarias móviles e unhas redes nos fondos do campo para parar os balóns.
A actuación conta cunha axuda do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 277.647,23 euros mentras que a administración local terá que aportar de fondos propios un total de 8.910,87 euros.