'Desafógate', unha aventura acuática que fomenta a prevención do afogamento infantil
O Concello de Meis celebrará o sábado 18 de marzo unha actividade familiar organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo. Desafógate está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos, e ten como finalidade fomentar a prevención do afogamento infantil e as condutas seguras no medio acuático.
Para facelo, levaranse a cabo dúas actividades. A primeira consiste nunha obra de teatro inspirada no conto O rato con ás que aprendeu a nadar, de Carolina Pinedo de Olmo, e interpretada por Raquel Queizás.
A segunda parte desta actividade consistirá nun taller de reanimación cardiopulmonar (RCP básica). O evento celebrarase no Auditorio Centro Multiusos O Mosteiro e comezará ás 18:00 horas. A inscrición é gratuíta e a reserva de entradas farase a través da web corresponsablesuvigo.es.