Eliminan un punto de vertido de augas residuais no lugar do Sequelo
Por Redacción
Xa foi eliminado un punto de vertido de augas residuais urbanas no lugar do Sequelo cara o río Lameira, no concello de Marín.
As actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, tras a notificación dun vertido recibida desde o Servizo de Emerxencias do 112.
Os técnicos da Xunta desprazados á zona identificaron a orixe nunha deficiencia dun pozo de rexistro que forma parte da infraestrutura de saneamento municipal que discorre polo curso fluvial do río.
Augas de Galicia comunicoulle a situación ao Concello de Marín para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.
Nunha nova inspección á zona, os técnicos da Xunta verificaron que a reparación do colector que amosaba a incidencia, levada a cabo pola entidade local, permitiu a emenda do vertido.
Relacionadas:
-
O saneamento do río Lameira ponse en marcha coa primeira reunión técnica de traballo
Por Redacción |
-
Xeve, en pé de guerra ante o panorama "terrorífico" de estar rodeado por tres parques eólicos
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta sanciona unha empresa con 12.000 euros por verter entullos nos montes de Saiar
Por Alba Feijoo Alonso |