Homenaxe a dúas farmacéuticas e dúas hostaleiras polo 8M en Cerdedo-Cotobade

Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade, por mor da conmemoración do 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, tributará unha homenaxe a dúas farmacéuticas e dúas hostaleiras xubiladas do municipio, nun acto aberto á toda a veciñanza que terá lugar este martes ás 11.30 horas da mañá no Centro Cultural “Antonio Fraguas”, na Chan de Carballedo, en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas.
O acto de homenaxe deste ano terá como protagonistas a Pilar Perez-Lafuente Córdoba, farmacéutica de Carballedo e a María Jesús Gamallo Morales, boticaria de Cerdedo; así como ás hostaleiras Josefa Fernández Garrido, do Restaurante A Raxadal de Carballedo e a Sara Rivas Campos, do Restaurante Meu Lar, de Cerdedo.
O Concello de Cerdedo-Cotobade convida a todos os veciños e veciñas a este evento para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, como un acto reinvidicativo para concienciar sobre a importancia da defensa da igualdade, da ausencia total de discriminación por razón de sexo ou por calquera índole e en contra de todo tipo de violencia que afecta ás mulleres polo mero feito de selo.
Para rematar este evento reivindicativo, pero tamén cultural, o Concello pechará esta conmemoración cun concerto ofrecido pola pianista Andrea García que ofrecerá diversas pezas do seu repertorio para darlle maior realce a esta actividade.
Pola súa banda, o alcalde, Jorge Cubela, animou á veciñanza a participar neste acto e a levar a loita contra as desigualdades a todos os ámbitos da vida tanto familiar, como profesional ou de relacións sociais.
“Queremos homenaxear hoxe aquí a estas mulleres que foron pioneiras no seu momento na loita contra os teitos de cristal e que sairon adiante como emprendendoras en momentos difíciles e complicados, pero tamén queremos lembrarnos das situacións tremendas que viven as vítimas da violencia machista e queremos manter acesa unha luz de esperanza para todas aquelas mulleres que pasen por un trance como ese para que saiban que sempre nos terán ao eu carón, que saiban que non están soas e que en nós, no Concello e na sociedade teñen onde buscar comprensión, refuxio, axuda e protección”, indicou o rexedor.
Relacionadas:
-
8M | A comunidade educativa do Sagrado Corazón lembra tres históricas e queridas profesoras
Por Redacción |
-
8M | Catro pioneiras na loita contra os teitos de cristal reciben unha homenaxe en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Mulleres Diversas alza a voz polo 8M polas mulleres con discapacidade que viven no rural
Por Redacción |
-
A enxeñeira cotobadense Belén Riveiro recolle un dos Premios Nacionais de Investigación 2022
Por Redacción |
-
25N | Manifestos, minutos de silencio, flores, contos e ata cursos de defensa persoal
Por Oskar Viéitez |
-
A escritora Nélida Piñón asiste o luns en Borela á presentación do premio de relato breve que leva o seu nome
Por Redacción |
-
8M | Cerdedo-Cotobade homenaxea ás cociñeiras dos comedores escolares do municipio
Por Redacción |