A Xunta ofrece 140 prazas gratuítas para as visitas guiadas polas Illas Atlánticas
Por Redacción
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ofrecerá esta primavera 140 prazas para participar en rutas guiadas polos catro arquipélagos co fin de dar a coñecer principais valores e singularidades nunha época do ano distinta ao verán e na que moitos procesos naturais se poñen en marcha. As visitas, enmarcadas no programa Descubrindo o Parque Nacional, serán de balde.
Con esta actividade, a Xunta de Galicia busca a desestacionalización das visitas ás Illas Atlánticas, ofrecendo a posibilidade de achegarse aos arquipélagos dun xeito ordenado, sostible e da man de guías especializados no Parque Nacional.
Para este ano serán oito as visitas guiadas entre marzo e abril e con grupos reducidos co fin de poder ofrecer unha experiencia de calidade e para dar a oportunidade de participar ao máximo número posible de persoas. Os interesados só se poderán apuntar a unha delas e, ademais, habilitarán unha listaxe de agarda coa que cubrir posibles baixas.
O prazo de inscrición está aberto desde este mesmo sábado e as persoas interesadas poderán anotarse ata catro días antes da data da visita nas oficinas do las personas interesadas podrán anotarse hasta cuatro días antes de la fechaen Vigo ou na súa páxina web.
A temática é moi diversa, abarcando dende o carácter histórico e botánico da illa de Cortegada con 'O segredo dun bosque no medio do mar', pasando polas rochas de Sálvora coas súas 'Esculturas e lendas' e pola toponimia de Ons coa ruta 'Unha illa de nomes', ata chegar á historia de Cíes a través da visita proposta baixo o título 'Viaxe no tempo'. En todos os casos, son itinerarios recomendados para maiores de 12 anos.
Ons, 'Unha illa de nomes', visitarase o 18 de marzo. A saída é desde o porto de Bueu. Ese mesmo mes, o día 23, visitarase Cíes, 'Unha viaxe no tempo', desde Vigo. Cada actividade ten 20 prazas dispoñibles. Sálvora, 'Unha illa de esculturas e lendas', visitarase en abril con saída desde O Grove. Hai 20 prazas dispoñibles para os días 3, 15 e 23 de abril.
Finalmente, Cortegada, 'O segredo dun bosque no mar', poderase visitar o 12 de marzo desde Carril (15 prazas), o 7 de abril desde Carril (15 prazas) e o 26 de abril desde Vilagarcía (11 prazas).
As actividades guiadas serán de balde, pero cada persoa ten que asumir os gastos de transporte no barco contratado. O importe aboarase á empresa de transporte con anticipación, unha vez o parque lle envíe un correo electrónico cos datos de pago.
Para non poñer en risco a realización destas actividades, a devolución deste importe anticipado só se fará no caso de que a organización ou a navieira anule a visita. Non se devolverá se o participante cancela fóra do prazo establecido (ata 4 días antes da data de celebración) ou non se presenta no momento e lugar acordados.
A dirección do Parque Nacional reservarase tamén o dereito de cancelar a actividade ou modificar os seus horarios en función do número de inscricións, das condicións meteorolóxicas ou doutras causas de forza maior, avisando en calquera caso con antelación a todas as persoas confirmadas.
Relacionadas:
-
A Xunta restaurará a capela da illa de Cortegada
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta licita obras de acondicionamento na illa de Ons por 1,8 millóns de euros
Por Redacción |
-
As Illas Atlánticas dán a benvida ao turismo, sempre que sexa "sostible e responsable"
Por Oskar Viéitez |
-
Piden que se prohíba fumar nas illas de Ons, Cíes e Cortegada para evitar incendios
Por Alejandro Espiño |
-
Ons celebra os vinte anos do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un "emblema turístico" de Galicia
Por Alejandro Espiño |