Cubela reúnese coa directora xeral de Ordenación de Territorio para axilizar a tramitación de varios proxectos
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a directora xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, teñen unha reunión coa finalidade de axilizar uns trámites de diversos proxectos de interese estratéxico do municipio. Trataron os seguintes temas: o desenvolvemento dunha área fluvial, recreativa e deportiva de Cerdedo; o polígono industrial de Monte Mocín e a nova praza que se vai a construír xunto á igrexa de San Xurxo de Sacos.
Cubela interesouse polo desenvolvemento da área fluvial, recreativa e deportiva de Cerdedo. O Concello quere levar a cabo unha proposta baseada en potenciar a zona desde o punto de vista ambiental e turístico.
Na reunión tamén trataron a modificación puntual do Polígono Industrial de Monte Mocín, na parroquia de Santa María de Sacos, sendo un cambio que impulsará ao municipio. Esta variación xunto coa do polígono de Sangal son dous proxectos que favorecen a implanbtación de empresas no municipio.
En relación coa introdución de empresas no concello, Cerdedo-Cotobade está interesado nunha iniciativa impulsada pola Xunta e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) denominada "Doing Business Galicia". Este proxecto establece un marco de colaboración para que as administracións implíquense directamente en fomentar a implantación das empresas no territorio.
En canto á Igrexa de San Xurxo de Sacos, analizaron o Plan Especial que dota dunha praza pública nas proximidades da igrexa. Este plan conta co informe positivo do Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas da Xunta de Galicia.
O Concello pretende acondicionar a contorna cun investimento de ao redor de 70.000 euros.