1.156 luminarias serán cambiadas a tecnoloxía LED en Barro antes do verán
Por Redacción
O Concello de Barro saca a concurso público un proxecto para o cambio de máis de 500 luminarias por outras de tecnoloxía LED de última xeración co obxectivo de modernizar a rede de iluminación pública.
Con esta proposta, está prevista a renovación de 513 lámpadas no lugar de Bretoña e en distintos puntos das parroquias de Portela, Perdecanai, Valiñas e Barro. O custo ascende a 239.593 euros, que será financiado con fondos europeos Next Generation, obtidos polo Concello a través do programa DUS 5000.
Ata o de agora, o goberno local xa realizou o cambio de 243 luminarias e hai outra partida de 400 unidades que se executará ao longo dos próximos días na PO-531 ao seu paso por Portela e Curro, no polígono de Outeda e no núcleo de Santo Antoniño.
En total renovaranse 1.156 puntos de luz coa inclusión da tecnoloxía LED antes do verán. Este sistema permitirá mellorar a iluminación e lograr un aforro de enerxía próximo ao 70%, segundo indica o alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes.
Relacionadas:
-
Comezan os traballos para implantar 500 luminarias LED máis en Barro
Por Redacción |
-
Adxudicadas 500 luminarias LED máis en Barro, que se financiarán con fondos Next Generation
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de reforma do pavillón polideportivo de Santo Antoniño
Por Redacción |
-
Seis millóns de euros en recursos da Deputación destinados a concellos, asociacións e colectivos
Por Oskar Viéitez |