Aproban as obras de mellora de accesibilidade na contorna da capela de Cuspedriños
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou xunto ao alcalde Jorge Cubela a zona en la que levarán a cabo as obras de mellora de accesibilidade na contorna da capela. A reforma levarase a cabo a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e contará cun investimento de 48.000 euros.
Luis López explicou que a obra consistirá en acondicionar o acceso peonil á capela, situada na parroquia de San Xurxo de Sacos. "Vimos anunciar unha obra importante que serve para darlle continuidade ás medidas para a mellora da seguridade viaria en contornas rurais", apuntaba López.
O delegado territorial explicaba que tanto a contorna da capela como a zona residencial de Cuspedriños contan cun elevado tránsito peonil, principalmente polos veciños da zona, pero tamén é o escenario de grandes eventos como a Rapa das Bestas o a Feira de Cuspedriños.
As obras comezarán nas próximas semanas e, ademais de mellorar a accesibilidade, tamén dotarán dunha nova pavimentación a fachada da capela e a súa zona lateral con lousado de pedra.
Para o contorno da mesma utilizarase unha capa de formigón de 15 centímetros de grosor reforzado cunha malla electrosoldada sobre a que instalarán laxas de pedra granítica, tal e como explican desde a Xunta.
Doutra banda, reponerase o itinerario peonil existente cunha pavimentación de formigón e melloraranse os accesos ás leiras limítrofes coa estrada. A cuneta existente reconstruirase e conectarase coa rede de recollidas de augas pluviais, aclara Luís López.