Cerdedo-Cotobade sustenta nun informe da empresa Tysgal as 25 alegacións contra o Parque Eólico Monte do Pé
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cerdedo-Cotobade sustenta o informe negativo fronte á instalación do Parque Eólico Monte do Pé nun total de 25 alegacións preparadas pola empresa Tysgal, especializada en temas medioambientais contratada pola administración local para argumentar legal e científicamente a oposición a saturación deste tipo de infraestruturas no municipio.
Nestes momentos atópase sometido a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do Parque Eólico Monte do Pé, situado nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, promovido por Green Capital Power, S.L.
Entre as consideracións que realiza o informe municipal figuran unhas de carácter xurídico, técnico, de afeccións sobre os dereitos da veciñanza, a hidroloxía, a paisaxe, a fauna, a flora, espazos naturais protexidos, entre outras.
Ademáis o informe municipal argumenta que o proxecto do Parque eólico Monte do Pé, con catro aeroxeneradores, "non está debidamente xustificado como de Interese para Galicia", xa que, entre outras razóns, non se analizaron tampouco os danos económicos ligados ao uso do monte.
Entre outras alegacións apunta que a especie de ave "papuxa do mato" catalogada en perigo de extinción no Libro Rojo de las Aves de España está presente na zona de implantación do proxecto.
Relacionadas:
-
Indignación no BNG e PSOE pola autorización de seis parques eólicos en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Vinte persoas reforzarán o plantel do Concello de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Cubela reúnese coa directora xeral de Ordenación de Territorio para axilizar a tramitación de varios proxectos
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Segue o entroido en Cerdedo-Cotobade
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Presentan máis de 600 alegacións ao proxecto do Parque Eólico de Monte do Pé
Por Redacción |
-
Unión entre os veciños de Amil ante a preocupación por tres parques eólicos
Por Redacción |