Suspenden as actividades no Pazo da Cultura mentres se recupera dos danos do temporal Dirk
Por Redacción
A cicloxénese explosiva dos días de Noiteboa e Nadal xa remitiu por completo en Pontevedra, pero segue a deixar sentir os seus efectos. O temporal arrasou a cuberta do edificio que acolle o Pazo da Cultura e a Policía Local, deixando inoperativas as instalación técnicas, de climatización e electricidade. A curto prazo, xa impedirá a celebración do espectáculo de ballet e música ao vivo previsto para o sábado 28 de decembro.
Os danos, que xa non constitúen ningún tipo de perigo, están a ser valorados na xornada deste xoves e xa empezaron a ser reparados para poñer a punto de novo as instalación técnicas que permitirán o funcionamiento do Pazo ao 100% nos vindeiros días. Pola súa parte, os Bombeiros de Pontevedra e a Policía Local revisaron este xoves a estrutura e, coa axuda dun guindastre, retiraron os recubrimentos que poderían supor algún risco.
A programación interrumpiuse pola dificultade para coñecer o alcance dos danos provocados polo temporal Dirk, que poderían provocar filtracións de auga no auditorio e o escenario, especialmente se se cumpre a previsión dunha nova cicloxénese a partir deste venres.
Serán Clásico é un espectáculo do Ballet de Galicia e a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Todas aquelas persoas que xa mercaran as entradas terán opción de canxealas polo concerto de Aninovo ou recuperar o seu diñeiro a través da plataforma de vende de entradas Servinova.
Dende o Pazo da Cultura amosan o seu "pesar por este contratempo", do que sinalan que está "fóra do noso alcance e traballaremos para solucionar os desperfectos ocasionados de cara ao Concerto de Aninovo", que terá lugar o 1 de xaneiro ás 19 horas.
Relacionadas:
-
Corte parcial de tráfico en Alexandre Bóveda polas obras de reparación no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
O temporal de Noiteboa provocou danos no Pazo da Cultura por 210.000 euros
Por Natalia Puga |
-
Alerta laranxa: chega outro temporal
Por Oskar Viéitez |
-
O temporal obriga a cortar a ponte da Barca e deixa ventos de 162,7 quilómetros por hora en Cuntis
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada