A Feira da Lama volve este domingo 26 de febreiro
Este domingo celebrarase na Alameda unha nova edición da Feira da Lama. O evento seguirá a súa tónica habitual instalando un centro comercial rural no que haberá diversas ofertas en roupa, calzado, plantas, produtos de horta e comestibles, entre outras opcións.
Ademáis, a Feira manterá o seu tradicional posto de polbo de Porta, que se poderá mercar para xantar na carpa ou para levalo a casa.
A oferta gastronómica tamén incluirá postos de churrasco para aquelas persoas que queiran degustar da gastronomía.
Esta edición será a segunda do ano, estreándose no 2023 o pasado domingo 29 de enero.