Cinco feridos nun accidente con sete coches implicados na AP-9 en Barro
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Cinco persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital a consecuencia dun accidente múltiple en Barro a tarde de Nadal no que chegaron a verse implicados sete coches.
Segundo ten informado Urxencias Médicas de Galicia, catro feridos foron trasladados ao Hospital Domínguez de Pontevedra e o quinto, menor de idade, foi derivado ao Hospital Provincial.
O sinistro produciuse xusto antes das 21.00 horas deste mércores 25 de decembro na autopista AP-9 ao seu paso por Barro. Un particular alertou ao Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 ás 20.56 horas dun accidente en sentido sur.
Segundo fontes do 112, tras o aviso pediuse a presenza no lugar da Garda Civil de Tráfico, o 061 e os Bombeiros do Salnés. Estes últimos desprazáronse porque nun principio parecía necesario excarcerar un dos feridos, que quedara atrapado no seu turismo. Finalmente, non foi necesario.
Ao lugar do sinistro foron trasladadas tres ambulancias asistenciais e unha medicalizada e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) caldense, que decidiron o traslado a centros hospitalario dos cinco feridos atendidos no punto do accidente.
Un dos feridos, un varón de 66 anos con iniciais J.S.I. é veciño de Pontevedra e, dos outros catro, dous son de Vilagarcía de Arousa e outros dous de Caldas de Reis.
De Vilagarcía son o menor trasladado ao Domínguez e unha muller de 36 anos que responde ás iniciais M.P.L. Os veciños de Caldas son un home de 44 anos (J.P.C) e unha muller de 36 (V.G.V.).
ACCIDENTE EN ALBA
Este xoves 26 de decembro rexistrouse outro accidente na AP-9, neste caso, ao seu paso polo Concello de Pontevedra, á altura da parroquia de Alba.
Segundo o 112, consitió na colisión por alcance entre dous turismos no que necesitou anteción santaria unha persoa, se ben, en principio, non presentaba feridas graves. Pediuse a presenza dunha ambulancia do 061
Un particular alertou o 112 ás 8.18 horas. Tratábase dun ocupante dun dos vehículos implicados e relatou que o sinistro se produciu cando circulaban en sentido Pontevedra.