Remite o temporal tras deixar numerosas incidencias en Pontevedra
Por Redacción
Ata as 14:00 horas o Plan de emerxencias municipal atendeu as seguintes incidencias, segundo informaron dende a Policía Local:
CAÍDAS DE CHAPAS, TELLAS, PERSIANAS OU URALITAS
Na rúas Peregrina, Cruz Gallástegui, Juan Bautista Andrade, Joaquín Costa, Echegaray, A Devesa, Ernesto Caballero, Otero Pedrayo, Augusto García Sánchez, Alexandre Bóveda, Prudencio Landín, Maruxa Mallo, Marqués de Valterra, Edificio dos Sindicatos, Arcebispo Malvar, Avenida de Bos Aires e de Uruguai; dun poste no vial do Príncipe Felipe, fronte á Ferraxaría Branco; cubertas dos tellados do edificio da Xunta e no Pazo da Cultura
ÁRBORES
Caeu o ciprés da entrada do cemiterio de San Mauro; un eucalipto na hípica de Marcón, tres árbores na Alameda e outro máis fronte ao ambulatorio Virxe Peregrina; unha árbore de gran porte fronte á igrexa de Bora; outra árbore caeu sobre o tendido eléctrico en Os Praceres e nas inmediacións da Praia fluvial de Monte Porreiro a caida dunha árbore cortou un carril de tráfico.
SINAIS, VALADO E OUTROS
O valado de obra do xardín da Praza de España; o das obras da AVE en José Malvar e o da estación de Bombeo do Lérez; ademais tamén se desprenderon os adornos do Nadal no Paseo de Colón e un panel publicitario na Avenida de Lugo e desprendéronse os cables da iluminación en Figueirido na suba á Brilat.
Ademais na rúa A Estrada soltouse o portalón do Colexio Sagrado Corazón que voou ata o vial, provocando a caida dun motorista que resultou ferido leve.
METEOGALICIA
O vento e a chuvia irán remitindo ao longo das próximas horas en Galicia, de modo que as precipitacións pasarán a ser intermitentes e só os puntos máis altos rexistrarán refachos de máis de 100 quilómetros por hora.
Ana Lage, de Meteogalicia, explicou que só nas provincias de Pontevedra e Ourense quedan chuvias persistentes, de intensidade moderada aínda que fortes por momentos. Pola tarde, non obstante, tamén nestas zonas se irán espazando as precipitacións, que serán intermitentes aínda que aínda poderán alcanzar intensidade forte.
O que si mellora "ostensiblemente" é o vento, que só supera os 100 quilómetros por hora nos puntos máis altos da comunidade, despois dunha noite na que se rexistraron valores de ata 160 quilómetros por hora.