As semifinais da Corrida do Galo, este domingo en Barro
A tradicional celebración da Corrida do Galo será protagonista na programación do Entroido no Concello de Barro durante esta fin de semana. O domingo 19 de febreiro ás 17:30 horas terán lugar as semifinais nas que se repartirán lacóns como premios aos gañadores de cada parroquia e, ademais, se decidirá quen pasará á gran final.
O xogo consistirá en que os participantes, cos ollos vendados e por quendas, golpeen cun pau as laranxas colgadas dunha vimbia. A persoa que tire a última se convertirá no gañador. Só haberá un intento por participante.
Tabernas e bares das numerosas parroquias de Barro como o Bar A Cantina en A Portela ou o Bar O Breixo en Barro acollerán esta tradición. Na Eira D'Arriba, en Curro, as semifinais terán lugar o sábado 25 de febreiro.
O domingo 26 de febreiro celebrarase a gran final na que os gañadores de cada parroquia se disputarán o premio dun galo.