Os hospitais públicos pontevedreses preparan menús especiais para os seus pacientes en Noiteboa e Nadal
Por Redacción
Os Servizos de Hostalaría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do Hospital do Salnés programaron menús especiais para a cea de Noiteboa e a comida de Nadal, destinados a aqueles pacientes que deben permanecer ingresados durante estas datas.
Todos os pratos foron preparados seguindo as recomendacións dos nutricionistas e dietistas que traballan nestes centros.
Así, co obxectivo de facer máis agradable a estanza e amenizar o ingreso, os usuarios poderán degustar menús diferentes nos que non faltarán produtos típicos do Nadal, sempre que a súa dieta así o permita.
Este ano os pacientes que pasarán a Noiteboa no Hospital, cearán salpicón de marisco ou sopa de galiña; de segundo prato: bacallau á galega con patacas ao vapor e coliflor, ou ben, escalopines ao oporto con arroz branco e champiñóns e de sobremesa os tradicionais doces do Nadal.
O día de Nadal a comida consistirá en arroz frito con gambas ou bisquet de marisco; de segundo: codillo ao forno con gornición ou pescada á mariñeira, e para finalizar torta de queixo.
O mesmo menú especial do día de Nochebuena será servido na cea de Noitevella coa diferenza de que na sobremesa tamén estarán presentes as doce uvas da sorte.
Os pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do Hospital do Salnés tamén contarán con estes menús especiais a comida de Ano Novo e no día de Reis, pero ademais tomarán chocolate e Roscón de Reis para almorzar.