ENCE descarta que o proceso de Bruxelas contra España afecte á súa fábrica en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
A empresa Ence descarta que o procedemento de infracción aberto pola Comisión Europa contra España en relación á adxudicación de concesións no dominio público marítimo terrestre poida afectar á súa fábrica de Pontevedra.
Nun comunicado, a compañía sostén que a legalidade da súa prórroga para ocupar terreos de Costas na ría de Pontevedra ata 2073 acaba de ser avalada polo Tribunal Supremo.
O fallo, segundo defende a pasteira, non se poderá ver afectado "por modificacións lexislativas que poidan ter lugar con posterioridade", como sería o caso deste proceso que acaba de iniciar Bruxelas contra a xestión da costa española.
Ence subliña que mesmo nun "hipotético escenario futuro" no que, como consecuencia deste procedemento, España tivese que modificar a Lei de Costas, este cambio normativo "non tería en ningún caso carácter retroactivo" e aplicaríase a concesións futuras.
Ademais, a empresa lembra que o Tribunal Constitucional, na súa sentenza do 5 de novembro de 2015, ratificou a constitucionalidade do réxime das prórrogas extraordinarias establecido na actual Lei de Costas.
Fíxoo tras rexeitar un recurso de inconstitucionalidade presentado polo PSOE, que argumentaba que a lei entraba en contradición coa directiva europea de servizos.
Relacionadas:
-
O BNG pregunta en Europa polo procedemento de infracción aberto a España que afecta á concesión de Ence
Por Redacción |
-
Rueda: "Habería que deixar que ENCE poida traballar e crear riqueza con toda a seguridade xurídica"
Por Natalia Puga |
-
Lores afirma que a sentenza de Ence abre novas posibilidades de recurso e garante que o Concello "vai seguir loitando"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O voto particular contra a sentenza do Supremo sobre ENCE advirte do "dano irreversible" ao litoral
Por Alejandro Espiño |
-
Os informes ambientais, a 'clave' para que o Supremo avalase a continuidade de ENCE ata 2073
Por Alejandro Espiño |
-
Os prezos da celulosa e o fallo do Tribunal Supremo elevan o beneficio neto de ENCE a 247 millóns en 2022
Por Redacción |
-
Lores celebra que Bruxelas "coincida plenamente" coa loita do Concello por recuperar a ría
Por Alejandro Espiño |
-
Aviso de Bruxelas a España: as concesións a 75 anos na costa son "contrarias" á normativa europea
Por Alejandro Espiño |