O 'Dirk' deixa 86 incidencias na zona de Pontevedra en oito horas
Por Redacción
O temporal 'Dirk' de chuvia e vento que entrou en Galicia a última hora do luns deixou na provincia de Pontevedra 199 incidencias nas oito horas de maior intensidade, entre as 00.00 e as 8.00 horas. Segundo as estatísticas recollidas dende a Axencia Galega de Emerxencias 112, 86 desas actuacións rexistráronse na capital, a súa bisbarra, O Morrazo, O Salnés e Umia.
O número global de intervencións do 112 recolle tamén actuacións dos servizos sanitarios e de seguridade non vinculados coa cicloxénese explosiva, pero a práctica totalidade deles estiveron relacioandos con vías e baixos inundados, árbores, tellados, fachadas e valos caídos ou colectores envorcados, ademais dalgún corte na subministración eléctrica e incidentes de circulación.
En Pontevedra e a súa comarca o 112 rexistrou a maior porcentaxe de intervencións, 33 en oito horas, das que a maioría está vinculadas con problemas na circulación, cun total de 23. Ademais, dúas persoas realizaron peticións xerais de información ao 112, activáronse cinco incidencias por riscos aos cidadáns e unha actuación de carácter sanitario.
Na comarca de Umia tamén foron as incidencia de circulación as máis numerosas, con 13 das 18 rexistradas. O resto foron accidentes (1), peticións de información (1), operativos especiais (2) e situacións de risco (2).
No Salnés seguiuse a tónica xeral, con nove incidencias de circulación, unha de riscos e un sanitario e no Morrazo as actuacións vinculadas co tráfico foron 14 e houbo un accidente, sete situacións de risco e unha intervención do ámbito sanitario.
Relacionadas:
-
Remite o temporal tras deixar numerosas incidencias en Pontevedra
Por Redacción |
-
Apagamento en 42.693 fogares pontevedreses
Por Natalia Puga |
-
O temporal obriga a cortar a ponte da Barca e deixa ventos de 162,7 quilómetros por hora en Cuntis
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Alerta máxima por fortes ventos e abundantes chuvias en Noiteboa e Nadal
Por Redacción |