O PP de Ponte Caldelas critica a falta de efectivos da Garda Civil no rural
Por Redacción
A vicepresidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, e o deputado popular pola provincia de Pontevedra Diego Gago trasladáronse ata Ponte Caldelas para manter un encontro de traballo co grupo municipal do Partido Popular e analizar a "situación de falta de efectivos na que se atopa o cuartel da Garda Civil desta localidade así como outros máis no entorno rural da provincia de Pontevedra".
Os populares insistiron na "situación precaria" na que se atopan os cuarteis das zonas rurais da provincia de Pontevedra e, aseguran "en especial, o de Ponte Caldelas" e que "esta preocupación tamén se fixo extensible aos veciños municipios de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Fornelos de Montes que tamén se veron incomodados pola comisión deste tipo de delitos con certa reiteración", engadiron.
Segundo o PP, o cuartel da Garda Civil de Ponte Caldelas debería estar composto por un sarxento, un cabo e sete gardas civís, pero actualmente, catro deles atópanse en situación de prestación de servizo noutras unidades e un cuarto efectivo ten debidamente concedida unha redución de xornada, polo que "nestes momentos a dotación de membros vese moi mermada".
O voceiro do PPdeG en Ponte Caldelas, Antón Xil, agarda que para a vindeira sesión plenaria do Concello se consensúe unha moción reclamando máis medios ao Goberno do Estado.
Relacionadas:
-
Antón Xil presenta a súa lista prometendo rebaixar un 20% o custe actual do equipo de goberno
Por Redacción |
-
O PP presenta a Antón Xil en Ponte Caldelas como "alternativa" ante un goberno "cunha atención clientelar, populista"
Por Redacción |
-
Un detido por varios roubos en petos de ánimas e en igrexas da Lama e Cotobade
Por Redacción |
-
O PP pide máis medios e axentes da Garda Civil nas zonas rurais ante o aumento dos robos
Por Redacción |
-
Investigan un veciño de Cotobade por roubar Lotería de Reis das valixas que el mesmo trasladaba
Por Oskar Viéitez |