O CIM levará aos colexios de Sanxenxo os talleres 'Mulleres con Ciencia'
Por Redacción
A programación do 8-M chegará aos colexios de Sanxenxo cos talleres 'Mulleres con Ciencia' para dar a coñecer a través de experimentos a científicas galegas. A actividade está dirixida ao alumnado de 1º de Primaria na que se abordará de maneira lúdica as achegas á comunidade científica de Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa.
Unha animadora, caracterizada como científica, presentará de forma lúdica a algunhas das mulleres galegas máis destacadas na historia da ciencia, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e mostrándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. A actividade está financiada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Pacto de Estado.
A presentación se intercalará con experimentos sorprendentes para o alumnado, levándoos a cabo eles e elas mesmas, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas.
Nos últimos minutos, a monitora falará da situación das mulleres na ciencia, achegando datos como que tan só o 20% das persoas científicas en España son mulleres, que a rama STEM é a menos preferida entre as mulleres polos roles establecidos socialmente... e mostrando exemplos e referentes de mulleres científicas galegas como Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa e as achegas que fixeron á comunidade nos seus respectivos campos de investigación. Mostrando dunha maneira lúdica referentes femininos de éxito e explicitando novas formas de masculinidade posibles.
A actividade desenvolverase o 8 de marzo no CEIP O Telleiro, o CEIP Magaláns e o CEIP Cruceiro; o 9 de marzo ao CEIP A Florida e o CEIP de Nantes e o 10 de marzo, o colexio Abrente e o CEIP de Portonovo.
Relacionadas:
-
Un "Escape Room" fomentará a igualdade en centros educativos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
'Mulleres Artistas' pretende exhibir obras descoñecidas a través dos cristais do Centro de Arte
Por Redacción |
-
Ollares de Portonovo retrata a 30 veciñas de Sanxenxo para unha exposición polo Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
A doutora Laura Busto Leis é homenaxeada en Barro con motivo do Día Internacional da Muller na Ciencia
Por Redacción |
-
Sanxenxo homenaxeará o 8M ás súas mulleres inspiradoras
Por Redacción |
-
O CIM de Sanxenxo realizou 124 atencións a vítimas de violencia de xénero neste 2022
Por Redacción |
-
O conto infantil "Violeta e Mariño" explicará os nenos de Sanxenxo como actuar ante a violencia machista
Por Redacción |