As casas modernistas da Illa de Arousa contarán con xeotermia
Por Redacción
Os dous edificios do Centro Sociocultural de A Illa, conformado polas casas modernistas, contarán cun sistema de aproveitamento xeotérmico grazas a un investimento que realizará a Deputación de Pontevedra trala concesión da subvención solicitada no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia financiado con fondos europeos (DUS 5000).
A partida concedida para o proxecto de A Illa de Arousa ascenden a 155.567 euros e permitirán a instalación nos dous edificios do Centro Sociocultural dun sistema de aproveitamento xeotérmico, mediante o intercambio soterrado vertical e unha bomba de calor que intercambia a enerxía co terreo. Deste xeito tanto a biblioteca, como a Escola de Música ou o Centro da Terceira Idade disporán dun sistema sostible de calefacción no inverno e de climatización nos meses de temperaturas máis altas.
A Deputación Provincial traslada así ás casas modernistas o seu compromiso coas enerxías renovables, unha liña de traballo que concorda coa implantada polo Concello de A Illa no sue Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).
Luis Arosa, concelleiro de Servizos, valora especialmente o compromiso da Deputación de Pontevedra xa que, recorda, o obxectivo de A Illa é reduccir un 40% as emisións de CO2 a medio prazo; un obxectivo no que está especialmente implicada a concelleira de Medio Ambiente, Gabriele von Hundelshausen, que recentemente implementou novas medidas no PACES para lograr unha maior protección do medio.
Para logralo, e nalgúns proxectos tamén co respaldo económico da Deputación de Pontevedra, o goberno local iniciou a sustitución do alumeado municipal por LED, unha renovación que ademáis de conlevar un importante aforro económico para o Concello implica un claro compromiso ambiental.
Relacionadas:
-
O Concello da Illa de Arousa destinará 173.479 euros á reordenación da rúa Castriños
Por Redacción |
-
Seis millóns de euros en recursos da Deputación destinados a concellos, asociacións e colectivos
Por Oskar Viéitez |
-
Festa na Illa de Arousa na inauguración das reformadas Casas Modernistas
Por Redacción |