A comunidade ghanesa funda unha asociación para difundir a súa cultura en Marín
A Asociación Ghana Unión Marín Pontevedra é unha asociación creada pola comunidade ghana, este colectivo ten notable presenza no municipio debido á emigración e o emprego portuario.
O obxectivo desta comunidade é que os marinenses teñan un maior coñecemento da cultura ghana.
Este mércores 8 de febreiro, reuníronse os representantes deste colectivo coa concelleira de Cultura Beatriz Rodríguez para informar sobre diferentes actividades que poderían realizar coa finalidade de transmitir a súa cultura, como por exemplo coa programación de talleres de música tradicional ou degustacións gastronómicas.
Beatriz Rodríguez comenta que o coñecemento das diferentes culturas fomenta a integración e a tolerancia e por este motivo, a concelleira expón que sempre apoiará estes proxectos.